XI Feira de Oportunidades No Barco

XI Feira de Oportunidades No Barco

Esta mañá, na sede do Centro Comercial Aberto, presentamos unha nova edición da Feira de Oportunidades que levamos celebrando, de maneira ininterrompida, desde hai 11 anos, grazas, unha vez máis, á colaboración do  Concello do Barco.

Este ano, e como novidade, contamos coa participación en  Mercaberto da Ruta  do Viño de Valdeorras que organizou, para a ocasión, dúas actividades diferentes que se desenvolverán dentro do recinto feiral.

MERCABERTO é unha feira de grandes oportunidades na que os comercios participantes teñen a oportunidade de promocionarse e vender os seus produtos dunha maneira diferente e no que, ademais, aproveitando que se achega o final do período de rebaixas, ofrecen grandes descontos.

Nesta ocasión a feira terá lugar entre os días 23 e 24 de agosto, no Paseo do Malecón. 

A inauguración do mercado está prevista para  as cinco e media da tarde do venres, día 23, e estará aberto ata as once da noite. O horario de apertura do sábado será de once da mañá a once da noite de maneira ininterrompida

Este ano son 10 os establecementos participantes en  Mercaberto. Pertencen a distintos sectores como son téxtil, agasallos, complementos, decoración e tecnoloxía. Serán os seguintes: Librería  Murciego, Can-Can, Novidades Maribel, D´Chus,  Garoba, Baamonde O Barco,  Mercería  Mayte,  Hache,  Zapatería Moral e  Ton e Son
No recinto feiral instalarase un inchable para que os máis pequenos da casa poidan divertirse mentres os seus pais e avós visitan e compran nos diferentes postos participantes na feira.

A Asociación Roteiro do Viño de Valdeorras, pensando tamén en todos os membros da casa, organizou un Obradoiro de sabores para nenos e unha cata a cegas.  

A feira finalizará cun concerto a cargo do grupo valdeorrés OS  BRODERS.

Sandra  Moldes agradeceu a participación dos comercios que estarán presentes nesta undécima edición de  MERCABERTO, así como a da Ruta do Viño de Valdeorras.

Pola súa banda, Joaquín Sánchez, presidente da Ruta, fixo  incapie na necesidade de colaboración entre as diferentes asociacións de zona, polo ben de Valdeorras. 

Cristina Núñez, explicou as dúas actividades que desenvolverá o Routa baixo o nome “Aromas de Valdeorras. Espíritos con vida propia”, que serán dirixidas pola catadora Mercedes González Rodríguez e que consisten en:

•    Obradoiro de sabores para nenos, de entre 5 e 14 anos. Esta actividade é totalmente gratuíta. 
•    Cata sensorial a cegas, na que se degustarán 12 viños das diferentes adegas pertencentes ao roteiro. Esta actividade ten un prezo de 5€. 

Ambas as actividades teñen aforo limitado, polo que para participar é necesario reservar praza chamando ao 988 32 11 50, en horario de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres