X NOITE BRANCA
X NOITE BRANCA
Preto de trinta comercios, de diferentes sectores, participan na décima Noite Branca organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco que terá lugar o venres 16 de xuño.
Os establecementos ofertarán produtos de tempada con descontos e ampliarán o seu horario de apertura ata as 23:00 horas, convidando aos clientes a petiscos durante as súas compras.
Paralelamente, o CCA O Barco instalará na Praza do Concello unha caixa máxica, un cubo de tres metros de alto por tres metros de ancho pechado e cheo de globos, ao que se poderá acceder cun tícket de compra (con data do 16 de xuño) dalgún establecemento asociado ao CCA O Barco.
Cada cliente terá dereito a escoller un globo que poderá ter ou non premio (en formato de vale en papel). Os premios consisten en agasallos doados polos asociados ao CCA O Barco ou en vales de compra para investir no comercio e na hostalaría.
A maiores haberá un fotomatón, pintacaras infantil e maquillaxe para adultos, en horario de 19:00 a 23:00 horas na Praza do Concello.
Ademais tódolos clientes que se acheguen a Praza do Concello vestidos de branco, cunha prenda de roupa de cor branca, e presenten un tícket de compra con data do 16 de xuño, levaranse un vale por unha consumición gratuíta (importe máximo 2€) para investir nos establecementos hostaleiros asociados.
Establecementos participantes: Ana de la Puente, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Can Can, Casabella, Confecciones Pili, D´Chus, Deportes y Bicis Chapi, Eneska, Estética Pamen, Foot on Mars (TriSport), Garoba, Koki, L´Araña, Laurarte, Librería Murciego, Mercería Carmiña, Miranda, Miss Tic, Moda Anímate, Modas Toño, N37, Nós, O Bambán dos Sorrisos, Palpie, Pizpireta, Trios 2.0, Zapatería Moral.