PRIMEIRA GYMKANA DO COMERCIO "SAMAÍN 2019"
PRIMEIRA GYMKANA DO COMERCIO "SAMAÍN 2019"

- O Centro Comercial Aberto do Barco reparte 1.000€ en premios na súa Primeira Gymkana do Comercio
- 34 establecementos participan nesta primeira edición da Gymkana do Comercio
A Asociación Centro Comercial Aberto do Barco preparou unha nova campaña cuxo obxectivo é o de promocionar e potenciar o sector comercial e servizos do municipio do Barco mediante o achegamento dos establecementos aos cidadáns.
Esta nova campaña, denominada 1ª Gymkana do Comercio, “Samaín 2019”, organízase aproveitando a próxima festividade de Todos os Santos.
Tal e como o seu nome indica, consiste nunha Gymkana, que terá lugar nos locais de todos os asociados participantes. Durante a mesma, todos os grupos rexistrados, terán que percorrer o maior número de establecementos posibles realizando unha sinxela proba.
Para esta primeira edición apuntáronse 36 establecementos que poderán ser identificados polos concursantes grazas á tarxeta de participación que colocarán nos seus escaparates.
Cada grupo levará un “pasaporte” no que cada comercio estampará un selo, unha vez superada a proba correspondente.
Gañará o grupo que consiga o maior número de selos. En caso de empate, gañará aquel que conseguise o maior número de selos en menor tempo.
• Os grupos participantes na Gymkana poderán optar a tres premios:
- PRIMEIRO PREMIO: 500€
- SEGUNDO PREMIO: 300€
- TERCEIRO PREMIO: 200€
Poderán participar menores de idade acompañados e/ou adultos en grupos de 2 a 8 persoas.
Todos os participantes terán que ir disfrazados.
Deseñáronse 6 roteiros nas que cada grupo terá que visitar, polo menos, 2 comercios de cada unha delas para poder optar a premio.
A cita terá lugar o 31 de outubro ás 17:00 horas con saída desde a Praza do Concello e os equipos terán dúas horas para completar o maior número posible de probas.
Para darlle un ambiente máis festivo á xornada, un grupo de personaxes propios do Samaín percorrerá as rúas e ao finalizar, haberá unha pequena festa durante a cal se fará entrega dos premios.
Os gañadores terán ata o día 22 de novembro para trocar os seus premios en calquera dos establecementos participantes, non podendo fraccionar o premio en compras inferiores a 20€.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o día 29 de outubro ás 14:00 horas, enviando un correo a obarcocca@obarcoccaberto.com, chamando ao 988 32 11 50 ou mediante Whatsapp no 698 13 05 64
Os comercios participantes son:
Damas-Escuredo, Ou Prenda Moda Curvy, Cafetería Divino Paseo, Agasallos D´Chus, Miranda X, Electrodomésticos Ganu, Ferraxería Moncho, Ferraxería Pereira, Allianz Seguros – Allegue, Supermercado Onda, Servimat, A Manduca, Floristeria Esnat, Multiópticas Valdeorras, Xoiería Victor, Can-Can, Agricentro Terán, Ton E Son, Garoba, Varadero, Boutique Suá, Estética Pamen, Ana Óptica, Mobles Vitoria, Librería Murciego, A Malteria, Merceria Mayte ( Katy), Comercial Vedo, Zapatería Palpie, Hache, Ana Da Puente, Seguros Xerais Valdeorras, Asesoría Castelao, Almacéns Pote, Zapatería Moral, Bar A Galería