Piquiño Restaurante e Il Piacere xa recolleron os seus premios do primeiro concurso de maridanza
Piquiño Restaurante e Il Piacere xa recolleron os seus premios do primeiro concurso de maridanza

Con motivo da celebración das XX Xornadas Gastronómicas do Entroido poñíase en marcha este I Concurso de Maridanza no que participaron 8 restaurantes.
Neste concurso, cuxo obxectivo principal era o de poñer en valor a gastronomía local e os viños da DO Valdeorras, gañaban aqueles dous restaurantes que ofrecesen a mellor maridaxe de viños tinto ou branco da DO Valdeorras co primeiro prato do menú que ofrecían durante as Xornadas Gastronómicas. As valoracións das devanditos maridaxes foron realizadas por un xurado profesional composto por 6 membros, 4 deles de fóra da comarca, o que favoreceu a difusión deste concurso en toda Galicia.
Os dous restaurantes gañadores foron o Piquiño Restaurante pola súa maridaxe de bolos de vento de bacallau con coiras e viño Godello sobre leas Predrazais da Adega Alan de Val e Il Piacere Gastrobar pola súa maridaxe de canutillos de chacina con foie e confeitura con viño Mencia barrica Cóbados de Laroudo da Adega Viña Costeira.
Ambos os galardoados levaron un trofeo, así como diploma acreditativo e unha caixa do viño que usaron nas súas maridaxes.
O acto de entrega dos premios tivo lugar o pasado 22 de marzo ás 10:30 da mañá nas oficinas que comparten a Asociación Empresarial de Valdeorras e a Asociación Centro Comercial Aberto O Barco.