O Centro Comercial Obarcoaberto busca modelos para a súa pasarela de moda
O Centro Comercial Obarcoaberto busca modelos para a súa pasarela de moda

- O casting terá lugar o xoves 5 de setembro no Paseo do Malecón do Barco
Tras o éxito alcanzado na edición anterior, o Centro Comercial Aberto do Barco repite o seu desfile de moda ao aire libre e para iso busca modelos amateur.
A pasarela "O Barco de Moda 2019”, que terá lugar o próximo 20 de setembro na Praza do Concello, realizará o proceso de selección de modelos o xoves, 5 de setembro, no Paseo do Malecón do Barco, á altura da Praza José Otero.
O horario para as probas será de 18:00 a 19:30 para nenos de ata 14 anos e de 20:00 a 21:30 horas para adultos. Os menores de 18 anos que queiran presentarse ao proceso de selección deberán ir acompañados dun titor.
O xurado estará composto por Diana Ortíz, encargada da organización e coordinación da pasarela, e por membros da Asociación Centro Comercial Aberto.
O casting está aberto a todas aquelas persoas que, interesadas no mundo da moda, queiran gozar da experiencia de sentirse modelos por un día.