LETRAS GALEGAS 2023
LETRAS GALEGAS 2023
Un ano máis, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco colabora cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos* de O Barco, aos que se unen este 2023 os colexios de Rubiá e Sobradelo, na organización da campaña “Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes” para festexar as Letras Galegas 2023.
Os establecementos asociados ao CCA O Barco e participantes na campaña, un total de trinta e nove, amosarán nos seus escaparates cartas de Francisco Fernández del Riego decoradas e con selos coa imaxe do autor elaborados polo alumnado dos centros educativos.
Paralelamente, os cativos da comarca poderán participar nunha xincana buscando as cartas nos establecementos e vinculando as mesmas cos encabezamentos indicados nun folleto de participación que deberán selar en cada establecemento. Ao completar a xincana e ter o folleto cuberto, xunto cos datos persoais, deberán depositalo nunha urna instalada nas oficinas do CCA O Barco (c/ España, 1).
A campaña desenvolverase dende o mércores 10 de maio ao mércores 31 de maio.
Entre tódolos participantes se sorteará un vale de compra de 50€ para investir nas librarías asociadas ao CCA O Barco: Caprichos, Libraría Murciego, Praxis, Libraría Yoli e Nós.
Ademais, se premiará a mellor carta decorada de cada centro educativo cun vale de 25€ para material escolar.
*Centros de ensino participantes. O Barco: CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Julio Gurriarán, CEIP Otero Pedrayo, Colexio Plurillingüe Divina Pastora, IES Lauro Olmo, IES Martaguisela. Rubiá: CEIP Virxe da Encina. Sobradelo: CPI Tomás Terrón Mendaña.
BASES DA CAMPAÑA LETRAS GALEGAS 2023 "FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO: TECEDOR DE REDES"
1º. A asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco colabora cos Equipos de Dinamización da Lingua Galegados centros educativos de O Barco (IES Martaguisela, IES Lauro Olmo, CEIP Julio Gurriarán, CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Otero Pedrayo e Colexio Plurilingüe Divina Pastoria), de Rubiá (CEIP Virxe da Encina) e de Sobradelo (CPI Tomás Terrón Mendaña) na organización da campaña “Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes” para festexar as Letras Galegas 2023.
2º. Un total de 39 establecementos asociados ó CCA O Barco participan na campaña, expoñendo nos seus escaparates, cartas do escritor Francisco Fernández del Riego con selos elaborados polo alumnado dos centros educativos. Dende o mércores 10 de maio e ata o mércores 31 de maio, os cativos da comarca poderán participar nunha xincana da seguinte maneira:
- O CCA O Barco repartirá 2.000 folletos de participación entre os centros educativos e os establecementos participantes na campaña.
- O alumnado deberá buscar as cartas de Francisco Fernández del Riego, asociar ditas cartas co encabezamento indicado no folleto e selar o folleto no establecemento.
- Ao completar o folleto de participación, se depositará, cos datos persoais, nunha urna localizada na oficina do CCA O Barco (c/ España, 1).
- Entre todos os participantes sortearase un vale de 50€ para investir nas librarías asociadas: Caprichos, Librería Murciego, Librería Praxis, Librería Yoli e Nós.
- Paralelamente, o CCA O Barco premiará a mellor carta decorada de cada centro educativo cun vale de 25€ para material escolar.
3º. O sorteo celebrarase o luns 5 de xuño de 2023 ás 13:30 horas na oficina do CCA O Barco. A entrega de premios terá lugar o martes 6 de xuño na Praza do Concello do Barco, contando coa participación da totalidade dos centros educativos participantes.
4º. O CCA O Barco promocionará a campaña a través dos medios de comunicación, das redes sociais (Facebook e Instagram) e da página web www.obarcoccaberto.com. Ademais, elaborará carteles de promoción que entregará ós establecementos participantes.
5º. A participación no sorteo de dita campaña supón a plena aceptación destas bases, así como a autorización á entidade organizadora para a utilización dos datos de identificación facilitados polos participantes nos folletos de participación, única e exclusivamente para os fins propios desta campaña. Esta autorización é extensiva á imaxe dos gañadores para os efectos de publicidade do resultado da campaña, no caso de necesitar ditas imaxes. O incumprimento de estas bases supón a privación de todos os dereitos que poidan derivar da participación na campaña.
6º. O CCA O Barco xestionará os datos persoais facilitados polos participantes nesta campaña con estrito cumprimento de todos os requisitos exixibles por la Lei orgánica 03/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
7º. O CCA O Barco se reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como a suspender o sorteo, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.