INCHABLES DEPORTIVOS PARA O DÍA DO PAI
INCHABLES DEPORTIVOS PARA O DÍA DO PAI
Este 2023, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco prepara un circuíto de xogos en inchables deportivos para festexar o Día do Pai, coa campaña con P de Pai.
En concreto se instalarán, na Praza do Concello do Barco de Valdeorras, catro inchables deportivos onde pais e fillos/as deberán xogar en parellas para acadar a puntuación mínima en cada inchable, e levarse vales de compra para investir nos establecementos asociados.
A campaña terá lugar o sábado 18 de marzo en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:00 horas.
Para participar, en cada inchable é obrigatorio presentar un tícket de compra dalgún establecemento asociado ao CCA O Barco, con data do mes de marzo e importe mínimo de 5€.
BASES DA CAMPAÑA DO DÍA DO PAI con P de Pai
1º. A asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco organiza a campaña con P de Pai para festexar o Día do Pai.
A acción propón un circuito de inchables deportivos onde pais e fillos/as deberán xogar en parellas e conseguir vales de compra para investir nos establecementos asociados ao CCA O Barco.
2º. A campaña terá lugar o sábado 18 de marzo de 2023, en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:00 horas, na Praza do Concello do Barco de Valdeorras.
3º. Nos inchables deportivos poderán participar, sempre en parellas, pais (ou outro familiar no caso de que non estea presente o pai) e fillos/as que deberán acadar unha puntuación mínima en cada inchable para conseguir vales de compra:
PORTERÍA INCHABLE. Os participantes deberán lanzar a pelota e introducila nos ocos da portería. O premio dependerá da puntuación que acade. Por exemplo, se consegue 75 puntos o vale será de 7,5 euros; se consegue 100 puntos, será de 10€, e así sucesivamente. A parella pai e fillo/a terá tres oportunidades de xogo.
DIANA DE FÚTBOL. A parella de participantes deberá lanzar tres pelotas á diana, entre os dous. O premio dependerá da puntuación que se acade e onde quede pegada a pelota, a puntuación tradúcese en diñeiro. Por exemplo, a puntuación 12 será 1,2 euros, multiplicado por dous ou tres dependendo onde caia a pelota. Se a pelota cae no centro da diana, zona negra, automaticamente o premio é de 20€, se cae na zona vermella do centro da diana o premio é de 10€. A parella pai e fillo/a só terá unha oportunidade de xogo.
INCHABLE PISTOLAS NERF. Os participantes que consigan derrubar as tres bolas suspendidas no aire coas pistolas nunha tirada levaranse un vale de 25€, os que consigan derrubar dúas bolas, un vale de 15€ e os que consigan derrubar unha única bola, o vale será de 5€. A parella pai e fillo/a só terá unha oportunidade de xogo.
INCHALE BÉISBOL. Os participantes deberán lanzar a bola cun bate de béisbol e conseguir que entren nos ocos. O premio dependerá da puntuación que acade, por exemplo, se consegue 75 puntos o vale será de 7,5 euros; se consegue 100 puntos, será de 10€, e así sucesivamente. A parella pai e fillo/a terá tres oportunidades de xogo.
4º. Para participar no circuito deportivo de inchables é obrigatorio presentar un tícket de compra dalgún establecemento asociado ao CCA O Barco, con data do mes de marzo e importe mínimo de 5€. Se o tícket de compra é de 10€ se poderá xogar en dous inchables, con un tícket de 15€ se poderá xogar en tres inchables, e cun de 20€ se poderá xogar nos catro inchables.
5º. As parellas pais e fillos/as que consigan algún premio durante a acción se lles será entregado no mesmo momento. Deberán achegarse ao stand do CCA O Barco que estará instalado na Praza do Concello.
6º. O CCA O Barco publicitará a campaña a través dos medios de comunicación, das redes sociais (Facebook e Instagram) e da página web www.obarcoccaberto.com. Ademais, elaborará cartelería que se entregará ós establecementos.
8º. A participación na campaña supón a plena aceptación destas bases, así coma a autorización á entidade organizadora para a utilización dos datos de identificación facilitados polos participantes, única e exclusivamente os fins propios desta campaña. Esta autorización faise extensiva á imaxe dos gañadores para efectos de publicidade do resultado da campaña, no caso de necesitar ditas imaxes. O incumprimento destas bases supón a privación de tódolos dereitos que poidan derivar da participación na campaña.
9º. O CCA O Barco xestionará os datos persoais facilitados polos participantes nesta campaña con estrito cumprimiento de todos os requisitos esixibles pola Lei orgánica 03/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
10º. O CCA O Barco resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como a suspender o acto, sen incurrir en ningún tipo de responsabilidade.
O Barco de Valdeorras, marzo 2023