Gañadores sorteo día da nai e concurso de fotografía #yomimoamimama
Gañadores sorteo día da nai e concurso de fotografía #yomimoamimama

Esta mañá, ás 10:30 horas, levou a cabo o sorteo da campaña do Día da Nai nas oficinas do Centro Comercial Aberto do Barco.
Máis de 2.000 papeletas foron repartidas entre os 40 establecementos participantes.
En total sorteáronse 200€ repartidos en 20 vales de 10€ de desconto cada un que os gañadores poderán gastar nas súas próximas compras nos comercios asociados.
Este ano, como novidade, tamén se organizou un concurso de fotografía que consistía en subir unha foto ás redes sociais co hastag # yomimoamimama etiquetando ao Centro Comercial Aberto O Barco @ CCABarco e no que resultou gañadora Diana Ortíz Carracedo cun premio de 40€ que poderá investir comprando en calquera dos establecementos pertencentes á asociación