Día das Letras Galegas no comercio do Barco

Día das Letras Galegas no comercio do Barco

Un ano máis, o Centro Comercial Aberto do Barco, en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de educación IES  Martaguisela, CEIP Julio  Gurriarán, CEIP Divina Pastora, CEIP Otero Pedrayo, CEIP Condesa de Fenosa e IES Loureiro Olmo, pon en marcha a Campaña das Letra  Galegas, que este ano rende homenaxe ao escritor Antón Fraguas.

Esta campaña ten como finalidade promover o coñecemento do galego así como dar a coñecer e promocionar os establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto entre a poboación máis nova.

Este ano son 36 os comercios pertencentes ao Centro Comercial Aberto que colaborasen e que se prestaron para expoñer, nos seus escaparates, os traballo realizados polos nenos e nenas dos centros educativos participantes.

A campaña das Letras Galegas levarase a cabo entre os días 16 e 31 de maio, durante os cales, realizaranse actividades diversas.