Campaña Día da Nai
Campaña Día da Nai

DÍA DA NAI 2019. “MAMÁ QUERO SER COMA TI”
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA # YOMIMOAMIMAMA
Con motivo do Día da Nai no Centro Comercial Aberto O Barco poñemos en marcha unha nova campaña que terá lugar entre os días 22 de abril e 5 de maio.
Con esta iniciativa tratamos, unha vez máis, de incentivar e premiar as compras que se realicen no pequeno comercio. Do mesmo xeito que se fixo durante a pasada campaña do Día do Pai, os comercios repartirán entre os seus clientes boletos para entrar no sorteo de 20 vales desconto de 10€ para gastar nas súas próximas compras en establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto.
Nesta ocasión imos poñer en marcha un novo concurso de fotografía denominado “Eu mimo á miña mamá” no que propoñemos aos usuarios das redes sociais a que nos envíen unha fotografía na que mostren como coidan e consenten ás súas nais.
As fotografías que realicen terán que subilas ás súas redes sociais (Facebook, Twitter e/ou Instagram) co hastag # yomimoamimama e deberán etiquetar ao Centro Comercial Aberto @ ccabarco
Os participantes no concurso entrarán no sorteo dun vale de 40€ para gastar en establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto.
O sorteo dos 20 vales de 10€ de desconto e do vale de 40€ terá lugar o día 9 de maio ás 10:30 horas nas oficinas do CCA O Barco.