Obxetivos e vantaxes

– Promover o sector empresarial, ofrecer unha imaxe unitaria e conxunta, facer máis atractivas as compras, premiar a fidelidade dos clientes mediante a organización de sorteos, agasallos e promocións, e favorecer a participación e a creatividade dos nenos.

– Promover obarcoaberto centro comercial e tódolos establecementos integrados e potenciar o coñecemento dun e outros entre os consumidores.

– Fomentar a dinamización  e ambientación do espazo comercial.

– Prestación de servizos de promoción, asesoramento, formación e información, a cargo de profesionais, para os empresarios asociados.

– Promoción da Asociación mediante a marca aglutinadora e a elaboración e xestión de programas para axeitalo.

– Recepción e estudo de propostas e problemas que presenten os empresarios asociados e desenvolvemento de xestións para a súa solución.

– Interlocución, mediación e xestión entre os empresarios asociados, e entre estes e as administracións públicas.

– Os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais en telefonía, combustibles, publicidade nas emisoras de radio, distintos produtos financei