Historia

Centro Comercial Aberto A Asociación obarcoaberto centro comercial constituíuse no ano 2004, promovida dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) durante a Presidencia de Santiago Melo Moreno, e co obxectivo de contribuir a mellorar e dinamizar o actual sistema comercial tradicional do municipio do Barco de Valdeorras.

Aínda que os comezos son sempre complicados, contamos coa inestimable colaboración do Concello do Barco, a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), a Dirección Xeral de Comercio e outras institucións, tanto públicas como privadas, que depositaron a súa confianza en aquel ilusionante proxecto, convertido hoxe en realidade.

Dende o principio, os obxectivos da Asociación estiveron claros:

– Mellorar ás condicións dos establecementos
– Ampliar os servizos que prestamos
– Facilitar, ao máximo posible, as compras dos clientes, a través dun trato personalizado no ambiente máis propicio.
– Dinamizar a actividade dos sectores do comercio, hostalería e servizos.
– Converter a nosa vila nun auténtico Centro Comercial.

Centro Comercial Aberto O BarcoE para isto, desenvolvemos distintas campañas publicitarias, xogos infantís, animación polas rúas, promocións, ofertas, sorteos, agasallos, etc.

Incluso, fixemos un anuncio de televisión no que invitamos a toda Galicia a coñecer o noso querido Barco e a súa estupenda zona comercial.