11
Mar-2014

De saborear un “Santiño” a buscar un tesouro, no Barco

Prensa   /  

O CCA, en colaboración con AEVA, desenvolverá dúas campañas na Semana Santa nas que se implicará de maneira especial á hostalaría.

presccacampaasDúas propostas distintas para dinamizar a Semana Santa Valdeorresa. Dos días 16 ao 20 de abril O Barco Centro Comercial Aberto (CCA), en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) porá en marcha dúas campañas nas que cobrará especial protagonismo a hostalaría. Así, por segundo ano consecutivo, durante estas datas festivas nos establecementos valdeorreses poderá degustarse o “Santiño”, un combinado cuxo principal ingrediente é o viño de Valdeorras.

“Buscamos manter unha continuidade coa tradición iniciada o pasado ano e ofrecer de novo aos clientes dos nosos establecementos este combinado”, sinala Ángel Álvarez, presidente do CCA. Ademais recorda que esta iniciativa xurdía froito dun “proxecto de colaboración co IES Vilamarín, co obxectivo de promocionar o sector vitivinícola e a Denominación de Orixe Valdeorras, e presentar as alternativas de novos viños á hora de combinar ingredientes, fusionando sabores tradicionais con guiños de orixinalidade”.

O “Santiño” servirase en nove locais de hostalaría barquenses: Cafetería Olimpo, Bar Crip, Pazo do Castro, Cafetería Arco Iris, Restaurante Piquiño, Bar A Cova, Tapería Al Natural, Nobuk Café e Restaurante Fernando III.

Ao mesmo tempo, o CCA porá en marcha unha nova e orixinal campaña denominada “O Mapa dos Tesouros” coa que “pretendemos agudizar o enxeño dos valdeorreses cun perspicaz xogo de pistas que deberán resolver”, adianta Ángel Álvarez.

Trátase dunha campaña novidosa baseada nun xogo de pistas, que se apoia na existencia imaxinaria dun tesouro agochado nalgún lugar do Barco e, a medida que os clientes vaian visitando calquera dos seis establecementos de hostalaría participantes (integrados no CCA), irán recibindo diversas pistas que os conducirán ata o lugar onde está agochado o tesouro.

“Esperemos que tanto o Santiño como a búsqueda do tesouro sexan do agrado da xente e que logren que todos os nosos veciños e visitantes desfruten dunha Semana Santa diferente en Valdeorras”, conclúe o presidente do Barco CCA.

 

Fonte: O Sil 10 – Abril – 2014

Rexistros

> <
Ene Feb Mar Abr May Xun Xul Ago Sep Oct Nov Dec
Ene Feb Mar Abr May Xun Xul Ago Sep Oct Nov Dec
Ene Feb Mar Abr May Xun Xul Ago Sep Oct Nov Dec
Ene Feb Mar Abr May Xun Xul Ago Sep Oct Nov Dec